MP0612 - Desenvolvemento Web en Contorno Cliente (DWEC)#

Este é un módulo desenvolvido curricularmente en DAW - Técnico Superior en Desarrollo de Aplicaciones Web. O meu material de traballo está en DWeC - Desarrollo Web en Entorno Cliente

Por cada RA pódense ver os criterios de avaliación ( CA ), e o tema onde se trata e avalía. Varios CAs trátanse en mais dun tema.

  • Código: MP0612

  • Duración: 157 horas.

  • Equivalencia en créditos ECTS: 9

Resultados de Aprendizaxe (RA) e Criterios de Avaliación (CA)#

RA1. Selecciona as arquitecturas e as tecnoloxías de programación sobre clientes web, para o que identifica e analiza as capacidades e as características de cada unha.#

CA

Tema

CA1.1. Caracterizáronse e diferenciáronse os modelos de execución de código no servidor e no cliente web

Cliente Web (y herramientas)

CA1.2. Identificáronse as capacidades e os mecanismos de execución de código dos navegadores web

Cliente Web (y herramientas)

CA1.3. Identificáronse e caracterizáronse as principais linguaxes relacionadas coa programación de clientes web

Páginas Dinámicas con JS

CA1.4. Recoñecéronse as particularidades da programación de guións, e as súas vantaxes e desvantaxes sobre a programación tradicional

Páginas Dinámicas con JS

CA1.5. Verificáronse os mecanismos de integración das linguaxes de marcas coas linguaxes de programación de clientes web

Páginas Dinámicas con JS

CA1.6. Recoñecéronse e avaliáronse as ferramentas de programación sobre clientes web

Cliente Web (y herramientas)

RA2. Escribe sentenzas simples aplicando a sintaxe da linguaxe, e verifica a súa execución sobre navegadores web.#

CA

Tema

CA2.1. Seleccionouse unha linguaxe de programación de clientes web en función das súas posibilidades

El Lenguaje javascript (básico)

CA2.2. Utilizáronse diversos tipos de variables e operadores dispoñibles na linguaxe

El Lenguaje javascript (básico)

CA2.3. Identificáronse os ámbitos de uso das variables

El Lenguaje javascript (básico)

CA2.4. Recoñecéronse e comprobáronse as peculiaridades da linguaxe respecto ás conversións entre tipos de datos

El Lenguaje javascript (básico)

CA2.5. Utilizáronse mecanismos de decisión na creación de bloques de sentenzas

El Lenguaje javascript (básico)

CA2.7. Engadíronselle comentarios ao código

El Lenguaje javascript (básico)

CA2.6. Utilizáronse bucles e verificouse o seu funcionamento

El Lenguaje javascript (básico)

CA2.8. Utilizáronse ferramentas e contornos para facilitar a programación, a proba e a depuración do código

El Lenguaje javascript (básico)

RA3. Escribe código, para o que identifica e aplica as funcionalidades achegadas polos obxectos predefinidos da linguaxe.#

CA

Tema

CA3.1. Identificáronse os obxectos predefinidos da linguaxe

Páginas Dinámicas con JS

CA3.2. Analizáronse os obxectos referentes ás ventás do navegador e os documentos web que conteñan

Páginas Dinámicas con JS

CA3.3. Escribíronse sentenzas que utilicen os obxectos predefinidos da linguaxe para cambiar o aspecto do navegador e o documento que conteña

Páginas Dinámicas con JS

CA3.4. Xeráronse textos e etiquetas como resultado da execución de código no navegador

Páginas Dinámicas con JS

CA3.5. Escribíronse sentenzas que utilicen os obxectos predefinidos da linguaxe para interactuar co usuario

Web APIs

CA3.6. Utilizáronse as características propias da linguaxe en documentos compostos por varias ventás e marcos

(xa non se usan marcos)

CA3.7. Utilizáronse cookies para almacenar información e recuperar o seu contido

Web APIs

CA3.8. Depurouse e documentouse o código

Páginas Dinámicas con JS

RA4. Programa código para clientes web, para o que analiza e utiliza estruturas definidas polo usuario.#

CA

Tema

CA4.1. Clasificáronse e utilizáronse as funcións predefinidas da linguaxe

El Lenguaje javascript (básico)

CA4.2. Creáronse e utilizáronse funcións definidas polo usuario

El Lenguaje javascript (básico)

CA4.3. Recoñecéronse as características da linguaxe relativas á creación e o uso de arrays

El Lenguaje javascript (básico)

CA4.4. Creáronse e utilizáronse arrays

El Lenguaje javascript (básico)

CA4.5. Recoñecéronse as características de orientación a obxectos da linguaxe

Páginas Dinámicas con JS

CA4.6. Creouse código para definir a estrutura de obxectos

Páginas Dinámicas con JS

CA4.7. Creáronse métodos e propiedades

Páginas Dinámicas con JS

CA4.8. Creouse código que faga uso de obxectos definidos polo usuario

Páginas Dinámicas con JS

CA4.9. Depurouse e documentouse o código

Páginas Dinámicas con JS

RA5. Desenvolve aplicacións web interactivas integrando mecanismos de manexo de eventos.#

CA

Tema

CA5.1. Recoñecéronse as posibilidades da linguaxe de marcas relativas á captura dos eventos producidos

Páginas Dinámicas con JS

CA5.2. Identificáronse as características da linguaxe de programación relativas á xestión dos eventos

Páginas Dinámicas con JS

CA5.3. Diferenciáronse os tipos de eventos que se poden manexar

Páginas Dinámicas con JS

CA5.4. Creouse un código que capture e utilice eventos

Páginas Dinámicas con JS

CA5.5. Recoñecéronse as capacidades da linguaxe relativas á xestión de formularios web

Páginas Dinámicas con JS

CA5.6. Validáronse formularios web utilizando eventos

Páginas Dinámicas con JS

CA5.7. Utilizáronse expresións regulares para facilitar os procedementos de validación

Páginas Dinámicas con JS

CA5.8. Probouse e documentouse o código

Páginas Dinámicas con JS

RA6. Desenvolve aplicacións web, para o que analiza e aplica as características do modelo de obxectos do documento.#

CA

Tema

CA6.1. Recoñeceuse o modelo de obxectos do documento dunha páxina web

Web APIs

CA6.2. Identificáronse os obxectos do modelo, as súas propiedades e os seus métodos

Web APIs

CA6.3. Creouse e verificouse un código que acceda á estrutura do documento

Web APIs

CA6.4. Creáronse novos elementos da estrutura e modificáronse elementos xa existentes.

Web APIs

CA6.5. Asociáronse accións aos eventos do modelo

Web APIs

CA6.6. Identificáronse as diferenzas que presenta o modelo en función dos navegadores

Non (úsase a web api estándar)

CA6.7. Programáronse aplicacións web de xeito que funcionen en navegadores con diferentes implementacións do modelo.

Non (úsase a web api estándar)

CA6.8. Independizáronse o contido, o aspecto e o comportamento en aplicacións web

Web APIs

RA7. Desenvolve aplicacións web dinámicas, para o que recoñece e aplica mecanismos de comunicación asíncrona entre cliente e servidor.#

CA

Tema

CA7.1. Avaliáronse as vantaxes e os inconvenientes de utilizar mecanismos de comunicación asíncrona entre cliente e servidor web

Programacion Asíncrona con AJAX

CA7.2. Analizáronse os mecanismos dispoñibles para o establecemento da comunicación asíncrona

Programacion Asíncrona con AJAX

CA7.3. Utilizáronse os obxectos relacionados

Programacion Asíncrona con AJAX

CA7.4. Identificáronse as propiedades e os métodos dos obxectos relacionados

Programacion Asíncrona con AJAX

CA7.5. Utilizouse comunicación asíncrona na actualización dinámica do documento web

Programacion Asíncrona con AJAX

CA7.6. Utilizáronse distintos formatos no envío e na recepción de información

Programacion Asíncrona con AJAX

CA7.7. Programáronse aplicacións web asíncronas de xeito que funcionen en diferentes navegadores

Programacion Asíncrona con AJAX

CA7.8. Clasificáronse e analizáronse librarías que faciliten a incorporación das tecnoloxías de actualización dinámica á programación de páxinas web.

Librerias y Frameworks JS

CA7.9. Creáronse e depuráronse programas que utilicen estas librarías.

Librerias y Frameworks JS

Contidos Básicos#

BC1. Selección de arquitecturas e ferramentas de programación

  • Modelos de programación en contornos cliente-servidor.

  • Mecanismos de execución de código nun navegador web.

  • Capacidades e limitacións de execución de código nos navegadores web.

  • Linguaxes de programación en contorno cliente.

  • Tecnoloxías e linguaxes asociados.

  • Integración do código coas etiquetas HTML.

BC2. Manexo da sintaxe da linguaxe

  • Variables e constantes: ámbito de uso.

  • Tipos de datos: conversión entre tipos.

  • Asignacións.

  • Operadores.

  • Expresións.

  • Comentarios ao código.

  • Sentenzas e bloques de sentenzas.

  • Decisións.

  • Bucles.

  • Uso de contornos de desenvolvemento integrados.

  • Depuración e documentación do código.

BC3. Uso dos obxectos predefinidos da linguaxe

  • Uso de obxectos. Obxectos nativos da linguaxe.

  • Interacción co navegador. Obxectos predefinidos asociados.

  • Xeración de texto e elementos HTML desde código.

  • Aplicacións prácticas dos marcos.

  • Xestión da aparencia da ventá.

  • Creación de novas ventás e comunicación entre ventás.

  • Uso de cookies.

BC4. Programación con arrays: funcións e obxectos definidos polo usuario

  • Funcións predefinidas da linguaxe.

  • Chamadas a funcións. Definición de funcións.

  • Arrays.

  • Creación e utilización de obxectos.

  • Definición de métodos e propiedades.

BC5. Interacción co usuario: eventos e formularios

  • Modelo de xestión de eventos.

  • Uso de formularios desde código.

  • Modificación de aparencia e comportamento.

  • Validación e envío.

  • Expresións regulares nos procedementos de validación de formularios.

BC6. Uso do modelo de obxectos do documento

  • Modelo de obxectos do documento.

  • Obxectos do modelo: propiedades e métodos.

  • Acceso ao documento desde código.

  • Creación e modificación de elementos do documento.

  • Programación de eventos.

  • Diferenzas nas implementacións do modelo.

  • Independencia do contido, aspecto e comportamento das aplicacións web.

BC7. Uso de mecanismos de comunicación asíncrona

  • Mecanismos de comunicación asíncrona.

  • Obxectos relacionados: propiedades e métodos.

  • Modificación dinámica do documento utilizando comunicación asíncrona.

  • Formatos para o envío e a recepción de información.

  • Programación de aplicacións con comunicación asíncrona.

  • Librarías de actualización dinámica.