MP0382 - Formación en Centros de Traballo (FCT)#

Este é un módulo desenvolvido curricularmente en ASIR - Técnico superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede. O meu material de traballo está en Formación en Centros de Trabajo (FAQ FCT)

  • Código: MP0382

  • Equivalencia en créditos ECTS: 22

  • Duración: 384 horas

Resultados de Aprendizaxe (RA)#

RA1. Identifica a estrutura e organización da empresa en relación co tipo de servizo que presta.

RA2. Aplica hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.

RA3. Organiza o procedemento de traballo que deba desenvolver, para o que interpreta a documentación específica.

RA4. Determina as características técnicas da instalación a partir da funcionalidade e das necesidades establecidas.

RA5. Participa no deseño, a posta en marcha e o mantemento de instalacións con servizos de rede local e internet, e documenta a intervención realizada.

RA6. Asiste as persoas usuarias e arranxa problemas da explotación do sistema, segundo as normas e os tempos establecidos.

Criterios de Avaliación (CA)#

RA1. Identifica a estrutura e organización da empresa en relación co tipo de servizo que presta.

CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

  • CA1.2. Comparouse a estrutura da empresa coas organizacións empresariais tipo existentes no sector.

  • CA1.3. Relacionáronse as características do servizo e o tipo de clientes co desenvolvemento da actividade empresarial.

  • CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento da prestación de servizo.

  • CA1.5. Valoráronse as competencias necesarias dos recursos humanos para o desenvolvemento óptimo da actividade.

  • CA1.6. Valorouse a idoneidade das canles de difusión máis frecuentes nesta actividade.

RA2. Aplica hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.

  • CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:

Dispoñibilidade persoal e temporal necesarias no posto de traballo.

Actitudes persoais (puntualidade e empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza e responsabilidade, etc.) necesarias para o posto de traballo.

Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional.

Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

Actitudes relacionais co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na empresa.

Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.

Necesidades formativas para a inserción e reinserción laboral no ámbito científico e técnico do bo facer profesional.

  • CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais e os aspectos fundamentais da lei de prevención de riscos laborais de aplicación na actividade profesional.

  • CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

  • CA2.4. Mantívose unha actitude de respecto polo medio nas actividades desenvolvidas.

  • CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

  • CA2.6. Responsabilizouse do traballo asignado, e interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas.

  • CA2.7. Estableceuse unha comunicación eficaz coa persoa responsable en cada situación e cos membros do equipo.

  • CA2.8. Coordinouse co resto do equipo e comunicáronse as incidencias salientables.

  • CA2.9. Valorouse a importancia da actividade propia e a necesidade de adaptación aos cambios de tarefas.

  • CA2.10. Responsabilizouse da aplicación das normas e dos procedementos no desenvolvemento do seu traballo.

RA3. Organiza o procedemento de traballo que deba desenvolver, para o que interpreta a documentación específica.

  • CA3.1. Interpretouse a normativa ou bibliografía adecuada ao tipo de tarefa que se vaia desenvolver.

  • CA3.2. Definíronse as fases do proceso ou da tarefa que se vaia realizar.

  • CA3.3. Planificouse o traballo ao establecer unha secuencia e unha prioridade nas fases.

  • CA3.4. Identificáronse os equipamentos e os servizos auxiliares necesarios para o desenvolvemento da tarefa encomendada.

  • CA3.5. Organizouse o aprovisionamento e o almacenamento dos recursos materiais.

  • CA3.6. Valorouse a orde e o método na realización das fases e das tarefas.

  • CA3.7. Identificouse a normativa que haxa que cumprir segundo a tarefa.

RA4. Determina as características técnicas da instalación a partir da funcionalidade e das necesidades establecidas.

  • CA4.1. Identificáronse os principais procesos.

  • CA4.2. Especificáronse as características dos equipamentos e dos accesorios en re-lación con a súa función.

  • CA4.3. Dimensionáronse os equipamentos e os elementos que configuran a instalación.

  • CA4.4. Realizouse o inventario de programas e compoñentes da instalación segundo as especificacións establecidas.

  • CA4.5. Describíronse as principais medidas de seguridade que cumpra adoptar.

  • CA4.6. Identificouse a normativa aplicable á instalación.

RA5. Participa no deseño, a posta en marcha e o mantemento de instalacións con servizos de rede local e internet, e documenta a intervención realizada.

  • CA5.1. Adecuouse o plan de traballo ás normas de calidade establecidas.

  • CA5.2. Desenvolvéronse plans de instalación definindo as etapas, a relación de tare-fas e os tempos previstos.

  • CA5.3. Realizouse a instalación ou a configuración do sistema operativo.

  • CA5.4. Desenvolvéronse tarefas de automatización do sistema.

  • CA5.5. Comprobouse a funcionalidade do sistema segundo os requisitos establecidos.

  • CA5.6. Desenvolvéronse plans de aprovisionamento e condicións de almacenamento dos equipamentos e dos materiais.

  • CA5.7. Interpretouse documentación técnica da instalación.

  • CA5.8. Realizáronse as copias de seguridade dos datos segundo o plan de segurida-de establecido.

  • CA5.9. Documentouse a intervención realizada e anotáronse as incidencias producidas durante a intervención.

RA6. Asiste as persoas usuarias e arranxa problemas da explotación do sistema, segundo as normas e os tempos establecidos.

  • CA6.1. Identificáronse as necesidades das persoas usuarias.

  • CA6.2. Describíronse con indicacións comprensibles os procesos que realiza o sis-tema.

  • CA6.3. Arranxáronse as incidencias nos tempos previstos.

  • CA6.4. Realizáronse intervencións sobre os procesos dos usuarios consonte o procedemento establecido.

  • CA6.5. Asignáronse os recursos do sistema en relación ás necesidades das persoas usuarias.

  • CA6.6. Documentáronse as incidencias producidas durante a asistencia ás persoas usuarias.

  • CA6.7. Elaboráronse manuais de instrucións de servizo e mantemento das instalacións.

Contidos Básicos#

Este módulo é de prácticas, non hai contidos básicos.