MP0486 — Acceso a datos (AD)

Este é un módulo desenvolvido curricularmente en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM). Tes os meus apuntes en AD - Acceso a datos.

  • Código: MP0486

  • Equivalencia en créditos ECTS: 10.

  • Duración: 220 horas.

Os RAs e CAs reprodúcense coa numeración e literais do catálogo curricular da plataforma proens (pequenas variacions co currículum oficial).

Resultados de Aprendizaxe (RA) e Criterios de Avaliación (CA)

RA1. Desenvolve aplicacións que xestionan información almacenada en ficheiros identificando o campo de aplicación destes e utilizando clases específicas.

CA

Tema (UD)

CA1.1. Utilizáronse clases para a xestión de ficheiros e directorios.

Acceso a Ficheros

CA1.2. Valoráronse as vantaxes e os inconvenientes das distintas formas de acceso.

Acceso a Ficheros

CA1.3. Utilizáronse clases para recuperar información almacenada en ficheiros.

Acceso a Ficheros

CA1.4. Utilizáronse clases para almacenar información en ficheiros.

Acceso a Ficheros

CA1.5. Utilizáronse clases para realizar conversións entre formatos de ficheiros.

Acceso a Ficheros

CA1.6. Prevíronse e xestionáronse as excepcións.

Acceso a Ficheros

CA1.7. Probáronse e documentáronse as aplicacións desenvolvidas.

Acceso a Ficheros

RA2. Desenvolve aplicacións que xestionan información almacenada en bases de datos relacionais, identificando e utilizando mecanismos de conexión.

CA

Tema (UD)

CA2.1. Valoráronse as vantaxes e os inconvenientes de utilizar conectores.

Acceso a Bases de Datos

CA2.2. Utilizáronse xestores de bases de datos embebidos e independentes.

Acceso a Bases de Datos

CA2.3. Utilizouse o conector idóneo na aplicación.

Acceso a Bases de Datos

CA2.4. Estableceuse a conexión.

Acceso a Bases de Datos

CA2.5. Definiuse a estrutura da base de datos.

Acceso a Bases de Datos

CA2.6. Desenvolvéronse aplicacións que modifican o contido da base de datos.

Persistencia con BDR

CA2.7. Definíronse os obxectos destinados a almacenar o resultado das consultas.

Persistencia con BDR

CA2.8. Desenvolvéronse aplicacións que efectúan consultas.

Persistencia con BDR

CA2.9. Elimináronse os obxectos unha vez finalizada a súa función.

Persistencia con BDR

CA2.10. Xestionáronse as transaccións.

Persistencia con BDR

CA2.11. Executáronse procedementos almacenados na base de datos.

Persistencia con BDR

RA3. Xestiona a persistencia dos datos identificando ferramentas de mapeamento obxecto-relacional (ORM) e desenvolvendo aplicacións que as utilizan.

CA

Tema (UD)

CA3.1. Instalouse a ferramenta ORM.

Persistencia con ORM

CA3.2. Configurouse a ferramenta ORM.

Persistencia con ORM

CA3.3. Definíronse configuracións de mapeamento.

Persistencia con ORM

CA3.4. Aplicáronse mecanismos de persistencia aos obxectos.

Persistencia con ORM

CA3.5. Desenvolvéronse aplicacións que modifican e recuperan obxectos persistentes.

Persistencia con ORM

CA3.6. Desenvolvéronse aplicacións que realizan consultas usando a linguaxe SQL.

Persistencia con ORM

CA3.7. Xestionáronse as transaccións.

Persistencia con ORM

RA4. Desenvolve aplicacións que xestionan a información almacenada en bases de datos obxecto-relacionais e orientadas a obxectos, valorando as súas características e utilizando os mecanismos de acceso incorporados.

CA

Tema (UD)

CA4.1. Identificáronse as vantaxes e os inconvenientes das bases de datos que almacenan obxectos.

Persistencia con objetos

CA4.2. Establecéronse e pecháronse conexións.

Persistencia con objetos

CA4.3. Xestionouse a persistencia de obxectos simples.

Persistencia con objetos

CA4.4. Xestionouse a persistencia de obxectos estruturados.

Persistencia con objetos

CA4.5. Desenvolvéronse aplicacións que realizan consultas.

Persistencia con objetos

CA4.6. Modificáronse os obxectos almacenados.

Persistencia con objetos

CA4.7. Xestionáronse as transaccións.

Persistencia con objetos

CA4.8. Probáronse e documentáronse as aplicacións desenvolvidas.

Persistencia con objetos

RA5. Desenvolve aplicacións que xestionan a información almacenada en bases de datos documentais nativas, avaliando e utilizando clases específicas.

CA

Tema (UD)

CA5.1. Valoráronse as vantaxes e os inconvenientes de utilizar bases de datos documentais nativas.

Persistencia documental

CA5.2. Estableceuse a conexión coa base de datos.

Persistencia documental

CA5.3. Desenvolvéronse aplicacións que efectúan consultas sobre o contido da base de datos.

Persistencia documental

CA5.4. Engadíronse e elimináronse coleccións da base de datos.

Persistencia documental

CA5.5. Desenvolvéronse aplicacións para engadir, modificar e eliminar documentos da base de datos.

Persistencia documental

RA6. Programa compoñentes de acceso a datos, identificando as características que debe posuír un compoñente e utilizando ferramentas de desenvolvemento.

CA

Tema (UD)

CA6.1. Valoráronse as vantaxes e os inconvenientes de utilizar programación orientada a compoñentes.

Acceso a Ficheros

CA6.2. Identificáronse ferramentas de desenvolvemento de compoñentes.

Acceso a Ficheros

CA6.3. Programáronse compoñentes que xestionan información almacenada en ficheiros.

Acceso a Ficheros

CA6.4. Programáronse compoñentes que xestionan mediante conectores información almacenada en bases de datos.

Persistencia con BDR

CA6.5. Programáronse compoñentes que xestionan información usando mapeamento obxecto-relacional.

Persistencia con ORM

CA6.6. Programáronse compoñentes que xestionan información almacenada en bases de datos obxecto-relacionais e orientadas a obxectos.

Persistencia con objetos

CA6.7. Programáronse compoñentes que xestionan información almacenada nunha base de datos documental nativa.

Persistencia documental

CA6.8. Probáronse e documentáronse os compoñentes desenvolvidos.

Persistencia documental

CA6.9. Integráronse os compoñentes desenvolvidos en aplicacións.

Persistencia documental

Contidos básicos (BC)

BC1. Manexo de ficheiros

  • Clases asociadas ás operacións de xestión de ficheiros e directorios: creación, borrado, copia, movemento, percorrido etc.

  • Formas de acceso a un ficheiro. Vantaxes.

  • Clases para xestión de fluxos de datos desde ou cara a ficheiros. Fluxos de bytes e de caracteres.

  • Operacións sobre ficheiros secuenciais e aleatorios.

  • Serialización e deserialización de obxectos.

  • Traballo con ficheiros: de intercambio de datos (XML e JSON etc.). Analizadores sintácticos (parser) e vinculación (binding). Conversión entre diferentes formatos.

  • Excepcións: detección e tratamento.

  • Desenvolvemento de aplicacións que utilizan ficheiros.

BC2. Manexo de conectadores

  • Desfase obxecto-relacional.

  • Protocolos de acceso a bases de datos. Conectores.

  • Establecemento de conexións. Pooling de conexións.

  • Execución de sentenzas de descrición de datos.

  • Execución de sentenzas de modificación de datos.

  • Execución de consultas. Manipulación do resultado.

  • Execución de procedementos almacenados na base de datos. Parámetros.

  • Xestión de transaccións.

  • Desenvolvemento de programas que utilizan bases de datos.

BC3. Ferramentas de mapeamento obxecto-relacional (ORM)

  • Concepto de mapeamento obxecto-relacional.

  • Características das ferramentas ORM. Ferramentas ORM máis utilizadas.

  • Instalación dunha ferramenta ORM. Configuración.

  • Estrutura dun ficheiro de mapeamento. Elementos e propiedades.

  • Mapeamento baseado en anotacións.

  • Clases persistentes.

  • Sesións estados dun obxecto.

  • Carga, almacenamento e modificación de obxectos.

  • Consultas SQL.

  • Xestión de transaccións.

  • Desenvolvemento de programas que utilizan bases de datos a través de ferramentas ORM.

BC4. Bases de datos obxecto-relacionais e orientadas a obxectos

  • Xestores de bases de datos obxecto-relacionais: características e vantaxes.

  • Xestión de obxectos con SQL ANSI SQL.

  • Acceso ás funcións do xestor de base de datos obxecto-relacional desde a linguaxe de programación.

  • Xestores de bases de datos orientadas a obxectos: características e vantaxes.

  • Xestión da persistencia de obxectos.

  • Interface de programación de aplicacións da base de datos orientada a obxectos. Consultas e persistencia de datos. Linguaxe OQL.

  • Xestión de transaccións.

  • Desenvolvemento de programas que xestionan obxectos en bases de datos.

BC5. Bases de datos nativas XML

  • Bases de datos documentais nativas: características e vantaxes.

  • Establecemento e pechamento de conexións.

  • Coleccións e documentos.

  • Creación e borrado de coleccións: clases e métodos.

  • Engadir, modificar e eliminar documentos: clases e métodos.

  • Linguaxes de consulta. Realización de consultas: clases e métodos.

  • Desenvolvemento de programas que utilizan bases de datos documentais.

BC6. Programación de compoñentes de acceso a datos

  • Concepto de compoñente: características e vantaxes.

  • Propiedades e atributos.

  • Eventos: asociación de accións a eventos.

  • Persistencia do compoñente. Serialización.

  • Ferramentas para desenvolvemento de compoñentes.

  • Desenvolvemento, empaquetado e utilización de compoñentes.