MP0370 - Planificación e Administración de Redes (PAR)#

Este é un módulo desenvolvido curricularmente en ASIR - Técnico superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede. O meu material de traballo está en PAR - Planificación y Administración de Redes

  • Código: MP0370

  • Equivalencia en créditos ECTS: 12.

  • Duración: 213 horas.

Resultados de Aprendizaxe (RA)#

RA1. Recoñece a estrutura das redes de datos, e identifica os seus elementos e os seus principios de funcionamento

RA2. Integra computadores e periféricos en redes con cables e sen fíos, e avalía o seu funcionamento e as súas prestacións.

RA3. Administra conmutadores establecendo opcións de configuración para a súa integración na rede.

RA4. Administra as funcións básicas dun encamiñador (router) e establece opcións de configuración para a súa integración na rede.

RA5. Configura redes locais virtuais e identifica o seu campo de aplicación.

RA6. Realiza tarefas avanzadas de administración de rede utilizando protocolos dinámicos de encamiñamento.

RA7. Conecta redes privadas a redes públicas aplicando diversas tecnoloxías.

Criterios de Avaliación (CA)#

RA1. Recoñece a estrutura das redes de datos, e identifica os seus elementos e os seus principios de funcionamento

CA1.1. Identificáronse os factores que impulsan a continua expansión e evolución das redes de datos.

CA1.2. Describíronse as arquitecturas de rede e os seus niveis.

CA1.3. Describiuse o funcionamento das pilas de protocolos nas arquitecturas de rede.

CA1.4. Recoñecéronse os tipos de rede e as súas topoloxías.

CA1.5. Presentáronse e describíronse os elementos funcionais, físicos e lóxicos das redes de datos.

CA1.6. Diferenciáronse os medios de transmisión utilizados nas redes.

CA1.7. Describiuse o concepto de protocolo de comunicación.

CA1.8. Diferenciáronse os dispositivos de interconexión de redes atendendo ao nivel funcional en que se encadren.

RA2. Integra computadores e periféricos en redes con cables e sen fíos, e avalía o seu funcionamento e as súas prestacións.

CA2.1. Identificáronse os estándares para redes con cables e sen fíos.

CA2.2. Montáronse cables directos, cruzados e de consola.

CA2.3. Utilizáronse comprobadores para verificar a conectividade de diversos tipos de cables.

CA2.4. Utilizáronse protocolos de direccionamento lóxico para asignar enderezos de rede e máscaras de subrede.

CA2.5. Configuráronse adaptadores de rede baixo distintos sistemas operativos.

CA2.6. Integráronse dispositivos en redes, comprobándose a súa conectividade sobre distintas configuracións.

CA2.7. Utilizáronse aplicacións para representar o mapa físico e lóxico dunha rede.

CA2.8. Montáronse redes de área local con cables e sen fíos.

CA2.9. Monitorizouse a rede mediante aplicacións baseadas no protocolo SNMP.

RA3. Administra conmutadores establecendo opcións de configuración para a súa integración na rede.

CA3.1. Interpretouse a documentación técnica de distintos conmutadores nos idiomas máis empregados pola industria.

CA3.2. Conectáronse conmutadores entre si e coas estacións de traballo.

CA3.3. Interpretouse a información que achegan os indicadores LED do conmutador.

CA3.4. Utilizáronse diversos métodos para acceder ao modo de configuración do conmutador.

CA3.5. Identificáronse os ficheiros que gardan a configuración do conmutador.

CA3.6. Administrouse a táboa de enderezos MAC do conmutador.

CA3.7. Configurouse a seguridade do porto.

CA3.8. Actualizouse o sistema operativo do conmutador.

CA3.9. Utilizáronse os comandos proporcionados polo sistema operativo do conmutador.

CA3.10. Verificouse o funcionamento do STP (“spanning tree protocol”) nun conmutador.

CA3.10. Verificouse o funcionamento do STP (“spanning tree protocol”) nun conmutador.

CA3.11. Modificáronse os parámetros que determinan o proceso de selección da ponte raíz.

RA4. Administra as funcións básicas dun encamiñador (router) e establece opcións de configuración para a súa integración na rede.

CA4.1. Interpretouse a documentación técnica de distintos encamiñadores nos idiomas máis empregados pola industria.

CA4.2. Interpretouse a información que proporcionan os indicadores LED do encamiñador.

CA4.3. Utilizáronse distintos métodos para acceder ao modo de configuración do encamiñador.

CA4.4. Identificáronse as etapas da secuencia de arranque do encamiñador.

CA4.5. Utilizáronse os comandos para a configuración e a administración básica do encamiñador.

CA4.6. Identificáronse os ficheiros que gardan a configuración do encamiñador e xestionáronse mediante os comandos correspondentes.

CA4.7. Configuráronse rutas estáticas.

CA4.8. Utilizáronse os comandos proporcionados polo sistema operativo do encamiñador que permitan facer o seguimento de posibles incidencias.

CA4.9. Configurouse o encamiñador como servidor de enderezos IP dinámicos.

CA4.10. Describíronse as capacidades de filtraxe de tráfico do encamiñador.

CA4.11. Utilizáronse comandos para xestionar listas de control de acceso.

RA5. Configura redes locais virtuais e identifica o seu campo de aplicación.

CA5.1. Describíronse as vantaxes do uso de redes locais virtuais (VLAN).

CA5.2. Implementáronse VLAN.

CA5.3. Realizouse o diagnóstico de incidencias en VLAN.

CA5.4. Configuráronse ligazóns troncais.

CA5.5. Utilizouse un encamiñador para interconectar diversas VLAN.

CA5.6. Describíronse as vantaxes do uso de protocolos de administración centralizada de VLAN.

CA5.7. Configuráronse os conmutadores para traballar consonte os protocolos de administración centralizada.

RA6. Realiza tarefas avanzadas de administración de rede utilizando protocolos dinámicos de encamiñamento.

CA6.1. Identificáronse as diferenzas entre distintos protocolos de encamiñamento interior.

CA6.2. Configuráronse protocolos de encamiñamento interior.

CA6.3. Configuráronse redes con protocolos de encamiñamento interior.

CA6.4. Valorouse a necesidade de utilizar máscaras de lonxitude variable en IPv4.

CA6.5. Dividiuse unha rede principal en subredes de distintos tamaños con VLSM.

CA6.6. Realizáronse agrupacións de redes con CIDR.

CA6.7. Realizouse o diagnóstico de fallos nunha rede que utiliza protocolos dinámicos de encamiñamento.

RA7. Conecta redes privadas a redes públicas aplicando diversas tecnoloxías.

CA7.1. Describíronse as vantaxes e os inconvenientes do uso da tradución de enderezos de rede (NAT).

CA7.2. Utilizouse NAT para realizar a tradución estática e dinámica de enderezos de rede.

CA7.3. Describíronse as características das tecnoloxías de redes públicas máis empregadas.

CA7.4. Describíronse as características da tecnoloxías de redes sen fíos de área extensa.

CA7.5. Describíronse as características das tecnoloxías de comunicación para dispositivos móbiles.

Contidos Básicos#

BC1. Caracterización de redes

  • Terminoloxía: redes LAN, MAN e WAN. Topoloxías, arquitecturas e protocolos.

  • Sistemas de numeración decimal, binario e hexadecimal: conversión entre sistemas.

  • Arquitectura de redes.

  • Encapsulamento da información.

  • Modelo OSI.

  • Modelo TCP/IP.

  • Modelo OSI e Ethernet.

  • Modelos de redes sen fíos.

  • Tipos de cableamento de rede.

BC2. Integración de elementos nunha rede

  • Medios físicos.

  • Largura de banda e taxa de transferencia.

  • Cables metálicos (coaxial, STP, FTP e UTP).

  • Armarios.

  • Canles para cableamento.

  • Factores físicos que afectan a transmisión.

  • Conexión sen fíos. Espectros de onda de microondas e radio. Topoloxías.

  • Asociación e autenticación na WLAN.

  • Direccionamento físico.

  • Dominios de colisión e de broadcast.

  • Direccionamento IP.

  • Protocolos ARP e RARP.

  • Direccionamento dinámico (DHCP).

  • Adaptadores con fíos e sen fíos: instalación e configuración.

  • Tecnoloxías Ethernet.

  • Tecnoloxías de redes sen fíos.

  • Monitorización de redes. Protocolo SNMP.

BC3. Configuración e administración de conmutadores

  • Manexo da documentación técnica de conmutadores.

  • Segmentación da rede: vantaxes.

  • Conmutadores e dominios de colisión e broadcast.

  • Conexión ao conmutador para a súa configuración.

  • Configuración do conmutador.

  • Configuración estática e dinámica da táboa de enderezos MAC.

  • Actualización do conmutador.

  • Ferramentas de administración do conmutador gráficas e de texto.

  • Protocolos específicos.

BC4. Configuración e administración básica de encamiñadores

  • Manexo da documentación técnica de encamiñadores.

  • Compoñentes do encamiñador.

  • Configuración de encamiñadores.

  • Xeitos de conexión ao encamiñador para a súa configuración.

  • Comandos para configuración e administración do encamiñador.

  • Configuración do encamiñamento estático.

  • Definición e localización de listas de control de acceso (ACL). BC5. Configuración de redes virtuais

  • Deseño de redes locais virtuais.

  • Implantación e configuración de redes virtuais.

  • Interconexión de redes virtuais.

  • Administración centralizada de redes virtuais.

  • Definición de ligazóns troncais nos conmutadores e nos encamiñadores: protocolo IEEE802.1Q.

BC6. Configuración e administración de protocolos dinámicos de encamiñamento

  • Protocolos encamiñables e protocolos de encamiñamento (interior e exterior).

  • Encamiñamento sen clase.

  • Subdivisión de redes e uso de máscaras de lonxitude variable (VLSM).

  • Protocolo RIPv2 en comparación con RIPv1.

  • Configuración e administración de RIPv1 e de RIPv2.

  • Configuración e administración de OSPF.

BC7. Configuración do acceso a internet desde unha LAN

  • Direccionamento interno e externo.

  • NAT orixe e NAT destino.

  • NAT estático, dinámico, de sobrecarga (PAT) e inverso.

  • Configuración de NAT.

  • Diagnóstico de incidencias de NAT.

  • Configuración de PAT.

  • Redes públicas máis empregadas.

  • Redes sen fíos de área extensa.

  • Tecnoloxías de comunicación para dispositivos móbiles.