MP0378 — Seguridade e alta dispoñibilidade (SAD)¶
Este é un módulo desenvolvido curricularmente en ASIR - Técnico superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede. O meu material de traballo está en SAD - Seguridad y alta disponibilidad
Código: MP0378
Equivalencia en créditos ECTS: 6.
Duración: 137 horas.
Resultados de Aprendizaxe (RA)¶
RA1. Adopta pautas e prácticas de tratamento seguro da información, e recoñece a vulnerabilidade dun sistema informático e a necesidade de o asegurar.
Trabállase en Fundamentos, riesgos y respuesta inicial e Criptografía, endurecimiento y seguridad activa.
RA2. Implanta mecanismos de seguridade activa, para o que selecciona e executa contramedidas ante ameazas ou ataques ao sistema.
Trabállase en Criptografía, endurecimiento y seguridad activa.
RA3. Implanta técnicas seguras de acceso remoto a un sistema informático, para o que interpreta e aplica o plan de seguridade.
Trabállase en Acceso remoto seguro y arquitectura perimetral.
RA4. Implanta tornalumes para asegurar un sistema informático, analiza as súas prestacións e controla o tráfico cara á rede interna.
Trabállase en Control de perímetro, cortafuegos, proxy y publicación segura.
RA5. Implanta servidores proxy, aplicando criterios de configuración que garantan o funcionamento seguro do servizo.
Trabállase en Control de perímetro, cortafuegos, proxy y publicación segura.
RA6. Implanta solucións de alta dispoñibilidade empregando técnicas de virtualización, e configura os contornos de proba.
Trabállase en Alta disponibilidad, virtualización y continuidad.
RA7. Recoñece a lexislación e a normativa sobre seguridade e protección de datos, e valora a súa importancia.
Trabállase en Protección de datos, cumplimiento y gestión de seguridad.
Criterios de Avaliación (CA)¶
RA1. Adopta pautas e prácticas de tratamento seguro da información, e recoñece a vulnerabilidade dun sistema informático e a necesidade de o asegurar.¶
Trabállase en Fundamentos, riesgos y respuesta inicial e, para a criptografía, en Criptografía, endurecimiento y seguridad activa.
CA1.1. Valorouse a importancia de asegurar a privacidade, a coherencia e a dispoñibilidade da información nos sistemas informáticos.
CA1.2. Describíronse as diferenzas entre seguridade física e lóxica.
CA1.3. Clasificáronse os tipos principais de vulnerabilidade dun sistema informático, segundo a súa tipoloxía e a súa orixe.
CA1.4. Contrastouse a incidencia das técnicas de enxeñaría social nas fraudes informáticas.
CA1.5. Adoptáronse políticas de contrasinais.
CA1.6. Valoráronse as vantaxes do uso de sistemas biométricos.
CA1.7. Aplicáronse técnicas criptográficas no almacenamento e na transmisión da información.
CA1.8. Recoñeceuse a necesidade de establecer un plan integral de protección perimetral, nomeadamente en sistemas conectados a redes públicas.
CA1.9. Identificáronse as fases da análise forense ante ataques a un sistema.
CA1.7 desenvólvese no segundo curso; os demais criterios deste RA, no primeiro.
RA2. Implanta mecanismos de seguridade activa, para o que selecciona e executa contramedidas ante ameazas ou ataques ao sistema.¶
Trabállase en Criptografía, endurecimiento y seguridad activa.
CA2.1. Clasificáronse os principais tipos de ameazas lóxicas contra un sistema informático.
CA2.2. Verificouse a orixe e a autenticidade das aplicacións instaladas nun equipamento, así como o estado de actualización do sistema operativo.
CA2.3. Identificouse a anatomía dos ataques máis habituais, así como as medidas preventivas e paliativas dispoñibles.
CA2.4. Analizáronse diversos tipos de ameazas, ataques e software malicioso, en contornos de execución controlados.
CA2.5. Implantáronse aplicacións específicas para a detección de ameazas e a eliminación de software malicioso.
CA2.6. Utilizáronse técnicas de cifraxe, sinaturas e certificados dixitais nun contorno de traballo baseado no uso de redes públicas.
CA2.7. Avaliáronse as medidas de seguridade dos protocolos usados en redes de comunicación.
CA2.8. Recoñeceuse a necesidade de inventariar e controlar os servizos de rede que se executan nun sistema.
CA2.9. Describíronse os tipos e as características dos sistemas de detección de intrusións.
RA3. Implanta técnicas seguras de acceso remoto a un sistema informático, para o que interpreta e aplica o plan de seguridade.¶
Trabállase en Acceso remoto seguro y arquitectura perimetral.
CA3.1. Describíronse escenarios típicos de sistemas con conexión a redes públicas en que cumpra fortificar a rede interna.
CA3.2. Clasificáronse as zonas de risco dun sistema, segundo criterios de seguridade perimetral.
CA3.3. Identificáronse os protocolos seguros de comunicación e os seus ámbitos de uso.
CA3.4. Configuráronse redes privadas virtuais mediante protocolos seguros a distintos niveis.
CA3.5. Implantouse un servidor como pasarela de acceso á rede interna desde localizacións remotas.
CA3.6. Identificáronse e configuráronse os métodos posibles de autenticación no acceso de usuarios remotos a través da pasarela.
CA3.7. Instalouse, configurouse e integrouse na pasarela un servidor remoto de autenticación.
RA4. Implanta tornalumes para asegurar un sistema informático, analiza as súas prestacións e controla o tráfico cara á rede interna.¶
Trabállase en Control de perímetro, cortafuegos, proxy y publicación segura.
CA4.1. Describíronse as características, os tipos e as funcións dos tornalumes.
CA4.2. Clasificáronse os niveis en que se realiza a filtraxe de tráfico.
CA4.3. Configuráronse filtros nun tornalumes a partir dunha listaxe de regras de filtraxe.
CA4.4. Revisáronse os rexistros de sucesos de tornalumes, para verificar que as regras se apliquen correctamente.
CA4.5. Interpretouse a documentación técnica de distintos tornalumes hardware nos idiomas máis empregados pola industria.
CA4.6. Probáronse distintas opcións para implementar tornalumes, tanto de software como de hardware.
CA4.7. Diagnosticáronse problemas de conectividade nos clientes provocados polos tornalumes.
CA4.8. Planificouse a instalación de tornalumes para limitar os accesos a determinadas zonas da rede.
CA4.9. Elaborouse documentación relativa á instalación, configuración e uso de tornalumes.
RA5. Implanta servidores proxy, aplicando criterios de configuración que garantan o funcionamento seguro do servizo.¶
Trabállase en Control de perímetro, cortafuegos, proxy y publicación segura.
CA5.1. Identificáronse os tipos de proxy, as súas características e as súas funcións principais.
CA5.2. Instalouse e configurouse un servidor proxy cache.
CA5.3. Configuráronse os métodos de autenticación no proxy.
CA5.4. Configurouse un proxy en modo transparente.
CA5.5. Utilizouse o servidor proxy para establecer restricións de acceso web.
CA5.6. Arranxáronse problemas de acceso desde os clientes ao proxy.
CA5.7. Realizáronse probas de funcionamento do proxy, monitorizando a súa actividade con ferramentas gráficas.
CA5.8. Configurouse un servidor proxy en modo inverso.
CA5.9. Elaborouse documentación relativa á instalación, á configuración e ao uso de servidores proxy.
RA6. Implanta solucións de alta dispoñibilidade empregando técnicas de virtualización, e configura os contornos de proba.¶
Trabállase en Alta disponibilidad, virtualización y continuidad.
CA6.1. Analizáronse supostos e situacións en que cumpra pór en marcha solucións de alta dispoñibilidade.
CA6.2. Identificáronse solucións de hardware para asegurar a continuidade no funcionamento dun sistema.
CA6.3. Avaliáronse as posibilidades da virtualización de sistemas para pór en práctica solucións de alta dispoñibilidade.
CA6.4. Implantouse un servidor redundante que garanta a continuidade de servizos en casos de caída do servidor principal.
CA6.5. Implantouse un balanceador de carga á entrada da rede interna.
CA6.6. Implantáronse sistemas de almacenamento redundante sobre servidores e dispositivos específicos.
CA6.7. Avaliouse a utilidade dos sistemas de clúster para aumentar a fiabilidade e a produtividade do sistema.
CA6.8. Analizáronse solucións de futuro para un sistema con demanda crecente.
CA6.9. Esquematizáronse e documentáronse solucións para supostos con necesidades de alta dispoñibilidade.
RA7. Recoñece a lexislación e a normativa sobre seguridade e protección de datos, e valora a súa importancia.¶
Trabállase en Protección de datos, cumplimiento y gestión de seguridad.
CA7.1. Describiuse a lexislación sobre protección de datos de carácter persoal.
CA7.2. Determinouse a necesidade de controlar o acceso á información persoal almacenada.
CA7.3. Identificáronse as figuras legais que interveñen no tratamento e no mantemento dos ficheiros de datos.
CA7.4. Contrastouse o deber de pór ao dispor das persoas os datos persoais que lles atinxen.
CA7.5. Describiuse a lexislación actual sobre os servizos da sociedade da información e o comercio electrónico.
CA7.6. Contrastáronse as normas sobre xestión de seguridade da información.
CA7.7. Comprendeuse a necesidade de coñecer e respectar a normativa legal aplicable.
Contidos básicos (BC)¶
Síntese dos bloques de contido do currículo. O texto completo pode consultarse no Decreto 177/2010. Os contidos orientan a aprendizaxe; a organización e a avaliación dos cursos baséanse nos RA e CA.
BC1. Adopción de pautas de seguridade informática¶
Fiabilidade, confidencialidade, integridade e dispoñibilidade.
Elementos vulnerables: hardware, software e datos; análise de vulnerabilidades e prácticas seguras.
Ameazas físicas e lóxicas; seguridade física, ambiental e lóxica.
Criptografía, control de acceso, contrasinais, biometría e políticas de almacenamento.
Análise forense: recollida, análise de incidencias e ferramentas.
BC2. Implantación de mecanismos de seguridade activa¶
Ataques, contramedidas, anatomía de ataques e análise de software malicioso.
Auditorías de seguridade e ferramentas preventivas e paliativas.
Copias de seguridade, imaxes de respaldo e recuperación de datos.
Actualización de sistemas e aplicacións; seguridade en redes públicas.
Cifraxe, certificados, sinaturas, monitorización de tráfico e seguridade sen fíos.
Vulnerabilidades, intentos de penetración e sistemas de detección de intrusións.
BC3. Implantación de técnicas de acceso remoto. Seguridade perimetral¶
Encamiñador fronteira, tornalumes e redes privadas virtuais.
Perímetros de rede, zonas desmilitarizadas e arquitecturas de subrede protexida.
VPN de enlace, rede e aplicación; SSL, IPSec e SSH na formulación curricular.
Servidores de acceso remoto, autenticación e configuración de parámetros.
BC4. Instalación e configuración de tornalumes¶
Filtraxe de paquetes, tipos e funcións dos tornalumes.
Tornalumes do sistema operativo, libres, propietarios e hardware.
Regras de filtraxe, probas de funcionamento e rexistros de sucesos.
BC5. Instalación e configuración de servidores proxy¶
Tipos e funcións de proxy; instalación do servidor e dos clientes.
Cache, filtros, autenticación, proxy inverso, encadeamento e xerarquías.
Probas de funcionamento.
BC6. Implantación de solucións de alta dispoñibilidade¶
Obxectivos, configuracións, funcionamento ininterrompido e recuperación do servizo.
Servidores redundantes, clústers e balanceadores de carga.
Virtualización: ferramentas, máquinas virtuais, simulación de servizos e probas de carga.
Virtualización en contornos de produción.
BC7. Lexislación e normas sobre seguridade¶
Lexislación sobre protección de datos e sobre os servizos da sociedade da información e o correo electrónico.